Os puntos sobre as íes

Resumo do texto

Condénase ao todo social pola incapacidade de reacción ante aquilo que resulta daniño cualificando este fenómeno de “síndrome de inmunodeficiencia social”. Expón cinco puntos clave que son ou causantes de dita “enfermidade”: comezando por unha falla de pensamento crítico que leva á impunidade do mal pois non castigamos, o terceiro recibe o nome de “impotencia confortable” que non é máis ca decidir que somos así e non existe outra forma de facelo, altas doses de tolerancia (rozando a mentira) é o cuarto causante pois se o erro non é colosal xa non somos quen de velo e finalmente a corrupción da xente.

Apórtanse dous antídotos paliativos derivados un do outro, a proposta dun marco ético para o control das catro institucións da nosa vida (democracia, ciencia, tecnoloxía e libre-mercado)  e a repulsa social do daniño como vía para a educación. Ambos permiten o despregamento de tres solucións prácticas que son o castigo exemplar e loanza do ben, a promoción dun pensamento crítico non ofensivo (derrotar o partidismo) e a participación cidadá dun xeito activo na política.

Claves sobre as que coida documentarse

Pouco hai neste artigo que chamase a miña atención pois é, a grandes trazos, unha descrición moi fiel da realidade. Pero atopei un termo que levaba bastante tempo buscando, impotencia confortable (que se define como a serie de crenzas que diminúen a capacidade de resposta ante o “mal”).

Tamén quero coñecer ata qué punto pode ser posible a repulsa social como medio para a educación. Efectivo ou destrutivo?

–         Impotencia confortable: a última vez que España intentou defender o que cría o ben ata o final foi na Guerra Civil. Cando intento pensar na resposta cidadá ante algún tipo de inxustiza a miña mente non vai máis alá dos oitenta e malia que parece que comezamos a espertar, temos un longo camiño por percorrer.

Nun artigo extraoficial fálase do mesmo fenómeno que describe José Antonio Marina, e aporta unha interesante nova razón para él «[…] los ciudadanos pensamos que la culpa de la crisis y del desempleo la tiene el gobierno, pero también tiene la culpa de que nieve en invierno y se colapsen las carreteras […] o de que nuestro equipo baje a segunda» e o problema está en que «[…]Hemos conseguido una sociedad donde prima la ideología de la delegación (la culpa siempre es de otros), donde imperan la pasividad y la falta de iniciativa (que piensen y busquen soluciones otros), una sociedad de derechos pero no de deberes, una sociedad de consumidores y consumidoras, pero no de participantes» (de la Riva, 2009).

Outra perfecta posible definición alternativa para o termo ven da man de Juan San Andrés (2012), a impotencia confortable é que a mayoría da xente se deixa levar polas escaleiras mecánicas e engade que «[…]se desarrollan creencias que frenan la acción, que nos hacen vernos a nosotros mismos como sujetos pasivos, beneficiarios, de pleno derecho, de los mecanismos estatales de ayuda. Cuando en una sociedad estas creencias se generalizan y son muchos los ciudadanos que caen en la cultura del subsidio-trampa (y es muy humano hacerlo), ese país se enfrenta a un importante problema social.» (San Andrés, Juan 2012)

–         Repulsa social: móstrome escéptica ante esta idea de castigo exemplar para o mal porque é a ferramenta de represión favorita de todo ditador. Pero funciona?  Nun artigo sobre a pasividade do pobo español ante o maltrato animal e a tauromaquia resúmese moi ben a idea de castigo light que podería chegar a aceptar como necesario «[…] cuando existe un tumor maligno hay que extirparlo, no podemos considerar el carcinoma un adorno en la piel» (Plaza Ruíz, 2010)

Detectar os problemas e buscarlle unha solución, nin pasividade nin apartheid. Nesta materia podemos atopar a opinión de Skinner acerca do castigo e penso que representa o principal problema da repulsa «[…] Si actúa para evitar más castigos, puede atenuar la condición que siente como vergüenza, pecado o culpa, pero no actúa a causa de sus sentimientos o debido a que sus sentimientos hayan sido cambiados; actúa a causa de las contingencias punitivas a las cuales ha estado expuesto.» (Skinner)
O que quere dicir é que o castigo é unha medida cómoda pero non unha solución. Avógase polo reforzo, que non castigo, pois este consegue mellores resultados á hora de erradicar as mala conductas.

Fontes e explicación da relevancia

–         ANDRÉS, Juan San. “Escaleras mecánicas” [en línea] juansandres.wordpress, 30 setembro 2012
http://juansanandres.wordpress.com/2012/09/30/escaleras-mecanicas/
Importante no sentido en que lle dou unha orientación mundana ás miñas ideas e permitiu a explicación a modo sinxelo da teoría de Marina.

–         PLAZA, Yolanda. “La pasividad de la sociedad española ante el maltrato animal, un signo de alarma” [en línea] Kaosenlared.net, 4  xullo 2010
http://old.kaosenlared.net/noticia/pasividad-sociedad-espanola-ante-maltrato-animal-signo-alarma
Permitiu establecer unha idea de castigo positivo en substitución da idea de castigo exemplar que aporta o autor do artigo estudado.

–         RIVA, Fernando de la. “La sociedad pasiva” [en línea] memoriasdelfuturoimperfecto.blogspot, 18 outubro 2009
http://memoriasdelfuturoimperfecto.blogspot.com.es/2009/10/la-sociedad-pasiva.html
Citas de aclaración, aplicación práctica da teoría proporcionada.

–         SÁBATO, Ernesto. La resistencia. Barcelona, Seix Barral (2000)

Buscado a través de: «Pasividad Mental Y Deshumanización En La Sociedad Capitalista En Base Al Libro “La Resistencia” De Ernesto Sabato.» BuenasTareas.com. 04, 2010. consultado el 04, 2010. http://www.buenastareas.com/ensayos/Pasividad-Mental-y-Deshumanizaci%C3%B3n-En-La/265384.html
Pero a dificultade do acceso levoume a un resumo do libro no que puiden obter teoría sobre os efectos da pasividade na sociedade pero que non aplican aos meus intereses.

–         SKINNER, Burrhus Frederic. Sobre el conductismo. Barcelona, Planeta –Agostini (1986)
Útil para establecer o enfoque da repulsa social, como un reforzo non como un castigo.

 

Conclusión e achegas propias sobre o artigo e sobre a investigación desenvolvida, así como posibles relacións con outros ámbitos.

Levaba un bo número de anos buscando esa palabra coa que describir a sociedade que me rodea sen dar co termo exacto, e de repente apareceu “impotencia confortable”.  O artigo é unha chamada de atención  a todo español que algunha vez dixo “este cabrón meteunos nesta crise”, non son partidaria dos desafiuzamentos nin creo que sexan xustos pero si que é certo que os españois tendemos a tirar a pelota cara o tellado alleo. Se non podes mercar un piso co teu salario, aluga, non entres nunha hipoteca de trinta e cinco anos.

Cando nos mordemos a cola dicimos que a clase política e os mercados nos meteron onde estamos. Creo que as palabras de Marina son unha boa arenga para todos pero non estou de acordo coas súas propostas de mellora. Creo que o rexeitamento social non é válido porque o ser humano traspasa os límites de todo, non hai unha medida na actuación. Ou imos con todo ou non reaccionamos. Non é posible un rexeitamento social como medida de educación porque sinxelamente non somos capaces de facer unha crítica construtiva, avasalamos.

O papel está nos medios, a exposición ao público do “mal”, sen censuras, a verdade. Se sabes que non haberá xeito de tapar o que fixeches, seguramente o penses dúas veces antes de facelo. Se sabes que con dous favores o sacas do ollo público, ata parece unha invitación.

A última tara que atopo é o establecemento dun marco ético para a ciencia, existe, o marco ético da ciencia é a propia moral humana. A ciencia non precisa máis trabas para a o seu desenvolvemento, a ciencia o que precisa é xusto o contrario, liberdade de actuación. Así teríamos controlado o VIH coa vacina que existe e está esperando a que os gobernos decidan que lles convén e outras moitas cousas que sospeitamos que están a acontecer pero a nosa “impotencia confortable” non nos deixa denunciar.

Gustaríame ter atopado algún estudo ou ensaio profesional sobre os límites da repulsa social, cando é positiva e cando excede a moralidade. Parece que o tema quedou pechado desde os experimentos de Skinner e non trascendeu máis alá do seu interese. E o mesmo sucedeu co meu novo termo favorito, impotencia confortable pero quizais é demasiado pronto para que poida existir a marxe precisa para unha análise obxectiva.

Publicado en Uncategorized | 1 Comentario

Palabras clave

Recompilación; implementación da información; clarificar; accesibilidade; disciplina instrumental; perdurabilidade .

Introdución

A documentación informativa nutre aos medios de comunicación e demais usuarios de información filtrada e veraz pois ese é o seu cometido, o seu método científico asegura unha información de calidade e dunha fiabilidade que non aportan as fontes directas. Debido ás características da información de actualidade (plural e sesgada) reactívase a utilidade dos centros de documentación, que traballan coa documentación informativa, para conseguir unha información limpa.

Concepto

A documentación informativa é unha disciplina instrumental que se encarga de recoller, organizar e facer accesible a información para as outras ciencias. A súa necesidade recae no xeito no que facilita a persoas e disciplinas o acceso a información veraz e de calidade.

Estudosos como López Yepes aportan valiosas acepcións á definición con frases como “aquela parte da Documentación que ten por obxecto o estudo do proceso de transmisión de fontes para a obtención de novos coñecementos na investigación da comunicación social, e no traballo no seo da empresa informativa».

 Principios

Os principios que rexen a documentación informativa son teleolóxicos (verificativo, explicativo e editorial) e formais e circunstanciais (perdurabiliade, adecuación funcional e limitativo).

Así os teleolóxicos cando a documentación proporciona información veraz, completa e de calidade seguiu o principio verificativo,  cando proporciona un texto claro e que comunica con forza seguiu o principio explicativo, e por último, cando as opinións e ideas que aporta se atopan subordinadas as ideas editoriais da publicación entrou en acción o principio editorial.

En materia de principios formais o da perdurabilidade fixa a duración futura e a permanencia na información xornalística, e o limitativo reduce a permanencia do contido na información xornalística.

Fonte: Galdón, Gabriel «Principios configuradores de la actividad documental periodística».

Características da información de actualidade

As características da información de actualidade son a coincidencia episódica (mesmas noticias por todos os medios nas mesmas fechas), redundancia cíclica (a periodicidade invariable de moitos datos fainos previsibles para a documentación), “efecto mateo” (desequilibrio no tratamento da información en función da importancia dos protagonistas), multiplicidade de soportes, fragmentación da mensaxe (pois o ritmo de captación documental e diferente ao de publicación), latencia (a caducidade dun feito pode desfacerse e volver á actualidade), documentos compostos (textos, fotografías e gráficos por exemplo), “lei do mínimo esforzo” (cando o tempo apura o primeiro en caer é a calidade), estratificación de usuarios e usos (usuarios con necesidades moi diferentes) e relatividade de significado segundo o contexto.

Fonte:Carlos Benito Amat e Lourdes Castillo Blasco

 Funcións

As función da documentación informativa son preparatoria, verificadora, completiva, clarificadora, modélico-narrativa, orientadora, de actualización científica e información propia.

A preparatoria como o seu propio nome indica forma previamente aos informadores evitando unha superficialidade moi arraigada nos medios de comunicación. As verificadora, completiva e clarificadora son a tríada imprescindible da documentación informativa pois comproban, completan e implementan a información antes de chegar ao informador.

A modélico-narrativa forma aos informadores en materia de especialización en materias complexas. A orientadora implementa na medida en que da a coñecer o estado do feedback.

Fonte: GALDÓN, Gabriel «La documentación periodística y la ruptura de algunas barreras informativas», pofesor da Universidade San Pablo-CEU.

Finalidade

A finalidade principal da documentación é a localización (saber onde e como atopar información), tamén son importantes a especialización, a organización e o estado crítico do informador.

É dicir, implementar a información con contidos especializados, organizados , e de fácil acceso para construír un informador crítico que posúa a verdade.

Fonte: reflexión propia, a partir de apuntamentos.

 Centro de documentación nun medio: funcións, características e fíns

Un centro de documentación é aquel que examina e avalía as fontes que proporcionan a información,  tanto as primarias como secundarias, e encárgase de preparala para o seu público (xornalistas do medio).

Teñen un papel activo no proceso informativo pois tentan adiantarse ás necesidades, buscan proporcionar servizos personalizados e por último mellorar os fluxos comunicativos e axudar á toma de decisións.

As funcións dun centro de documentación son as de selección, tratamento, análise, busca e difusión (documental, xeral, bibliográfica e selectiva).

Os fins dun centro de documentación son a recompilación de toda a materia investigada sobre un tema concreto para o seu posterior análise e avaliación e unha vez verificada darlle un formato (ficheiro, base de datos ou revisións) para finalmente transmitir a información mediante alertas e publicacións ou respostas directas a consultas.

Fonte: Emilio A. Bernales, profesor de biblioteconomía, archivoloxía e documentación.

Julio Alonso Arévalo, profesor da Universidade de Salamanca

 Elaborar un mapa conceptual coas ideas básicas

Publicado el por albadeus | 1 Comentario

Análise da marcha «Rodea el congreso»

Por Alba Deus Rivadulla
 
Que pasou o 25/9/12 en Madrid?
O único que pasou o pasado martes en Madrid foi que retrocedemos medio século na historia deste país. O goberno atopou a fórmula máxica para viaxar no tempo e rescatar un vello hábito do réxime, que é apartar o que non lle gusta.
(a fonte pode ser, mísmamente, este video)
Arredor de seis mil persoas se congregaron na Praza de Neptuno na capital do país, e non so habitantes da cidade, senón persoas de varias partes da xeografía española para dicir que xa é abondo. Para dicilo en alto, coa esperanza de que non caese en saco roto. E remataron por seren apaleados sen xustificación algunha, arrestados e serán procesados por un delito contra o Estado.
Que papel xogou a policía?
Poidemos apreciar unha auténtica actuación dos verdugos do réxime. Pero a policía xogou dous papeis fundamentais na manifestación do día 25: a de alborotador e a de represor.
A infiltración de policía secreta nas manifestacións é un secreto a voces do que non gusta falar, pero quedou perfectamente exposto o pasado martes. Por exemplo no seguinte video . Ao comezo do primeiro video no que apoio os meus argumentos vese claramente como estos individuos comezan os altercados atacando aos antidisturbios e a continuación lles axudan a arrastrar detidos.
Que papel xogaron os manifestantes?
Non creo que estea moi claro o papel dos manifestantes nos altercados do martes, chegaron alí como representantes dunha importante parte da poboación (en descontento coas maniobras do executivo) e saíron como víctimas dunha brutal censura.
Para o futuro de España, creo eu, xogaron un papel primordial porque despois de todo o que está a acontencer e o que están a xogar coas vidas de persoas reais, demostraron que non todo é calar. Foron a imaxe do descontento popular ante a situación, xa non só económica senón tamén social que está a vivir o noso país.
Que papel xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao pleno?
O papel do executivo foi bastante pobre comezando pola actuación policial e seguindo polas declaracións de Mariano Rajoy felicitanto a aqueles que non se manifestaron (fonte elpais.com) , quizais máis que pobre, erróneo. Cando seis mil persoas che din que o estás a facer mal, quizais o esteas a facer mal.
A oposición e o resto de partidos fixeron igual de mal permitindo a actuación. É moi fácil pedir contas ao día seguinte pero no momento ninguén fixo nada polos cidadáns españois que estaban sendo apaleados polas forzas de seguridade do Estado.
A cifra de asistencia ao Congreso do día 25 de setembro que recollen na versión dixital do diaro El País é de 50 diputados, pero na web do Congreso dos deputados recóllense nunha votación 314 votos (fonte piratasdemadrid.org). A incertidume que rodea a cifra non me permite responder esta pregunta con total seguridade.
Que pasou no pleno do Congreso?
Na orde do día do pleno número 58 celebrado o 25 de setembro estaban os seguintes puntos a tratar:
  • As proposición de ley para prever e erradicar a discriminación lingüística e asegurar a liberdade de elección. E a dunha mellora na accesibilidade nas comunidades de vivendas.
  • Entre as propostas non de ley están a da racionalización dos soldos dos cargos públicos mediante un sistema obxectivo e transparente. E tamén a loita contra o fraude fiscal.
A sesión transcorreu con total normalidade, a afluencia non está clara polo que asumirei a cifra de 50 asistentes como válida.
Por que foi a concentración. Quen chamou á concentración?
A concentración foi unha consecuencia directa do goberno popular, algo que se leva buscando o partido desde o comezo da súa lexislatura por non gobernar para o pobo, e sobre todo por gobernar sen o pobo.
A chamada fixoa unha asociación de cidadáns descontentos chamada Coordinadora 25s, as razóns que dan son o paulatino empobrecemento da poboación debido ás medidas tomadas e din querer derrocar o sistema capitalista. Piden a soberanía popular, unha democracia de verdade na que o pobo teña as ferramentas que precisa para ser escoitado.
Pero o seu fin último é a dimisión do goberno de Mariano Rajoy e o seu grupo executivo.
Onde viches as noticias?
Comecei a seguir a manifestación a través de elpais.com porque me pareciu o medio máis afín á miña ideoloxía, ilusa de min. En noticias ambiguas puiden diferenciar frases como “comenzan os altercados”, “cargas policiais”… pero non estaba a darme conta do que sucedía ata que entrei a Facebook e a Twitter (nunca me gustou utilizar as redes sociais para informarme) e descubrín o que realmente estaba a suceder.
As fotos de Reuters e os videos de manifestantes perplexos comezaron a abrirme os ollos. A única forma que tiven aquela noite de saber o que acontencía, tras peinar todos os xornais que a miña cabeza puido recordar sen atopar nada de calidade, foron Facebook e Youtube.
Como valorades esa información recibida? Que lle faltaba a esa información?
Sesgadas, censuradas intencionadamente, manipuladas a favor da clase política, vagas, non representativas… podería dar centos e centos de descripcións. O certo é que aquelo non merecía o nome de información.
Non sei que está a pasar na prensa estos dous últimos anos pero calquera que busque información precisa facer unha media de cando menos dous xornais antagonistas e as redes sociais. Isto como mínimo, para ter os tres puntos de vista sobre os feitos e malia este esforzo seguirás con esa sensación de non saber ben o que está a pasar.
Afirmo rotundamente que a “esa información” o que lle faltaba era precisamente información.
Que lectura entresacamos da concentración / manifestacións?
A lectura que eu saco de todo esto e que os cidadáns neste país somos monicreques que non importan a ninguén. Que votamos o fin da democracia nas xerais do ano pasado e que imos a tardar moitos anos en poder ver a luz.
Que non hai quen nos informe, non hai quen nos escoite e moito menos non hai quen nos teña en conta para o goberno de esta país, que é noso, non seu.
Volve a censura, as imposicións e a represión en reunións na rúa onde se expresan ideoloxías… creo que ao meu avó lle resulta basante familiar esta frase.
Que outras preguntas habería que facerse?
Onde estaban os medios cando todo isto estaba a suceder?
Onde esta o xornalismo, a información de verdade neste país?
Cando comezaron este tipo de asociacións cidadanas e porque?
Publicado en Uncategorized | 2 comentarios